Andaina de “un mar de sabores” por Panxón e Monteferro

Publicidad

O Concello de Nigrán e Confradía de Pescadores ‘A Anunciada’, coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), organizan este domingo, 5 de novembro, un roteiro mariñeiro guiado por Panxón e Monteferro de 5 km e dificultade media.

O punto de saída é o Porto de Panxón ás 11:00 horas para atravesar a praia da Madorra e entrar en Monteferro ata o faro e de alí ao Monumento á Marina Universal, retornando ao porto. Recoméndase levar calzado e roupa cómodos.

Con este roteiro trátase de rememorar o percorrido que antigamente os veciños de Panxón facían ata as pedras de Monteferro co obxectivo de pescar con cana, garfo ou mesmo recoller ourizo, estes ían pola parte baixa do monte utilizando unha senda de pescadores hoxe en día pouco transitable.

O roteiro se encadra en “Nigrán, mar de sabores”, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio e que se extende máis alá das dúas xornadas lúdicas e culturais de setembro.

Salir de la versión móvil