Quince anos de unión ben merecen unha festa. Tomiño e Vila Nova de Cerveira festexan os tres lustros da apertura da Ponte Internacional da Amizade organizando a segunda edición da andaina saudable, unha actividade que terá lugar o vindeiro domingo 16 de xuño.
A proba terá unha duración estimada de dúas horas e media e transcorrerá por terras de ambas localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10:00 horas (hora galega) dende o Espazo Fortaleza de Goián para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL e regresar pola Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza de novo.
A inscrición é de balde. Só hai que enviar nome e apelidos, número de DNI, data de nacemento e teléfono ao correo electrónico geral.manos.sa@gmail.com antes do xoves 13 de xuño.