As oito andainas de “Camiño a Camiño” incluirán percorridos “da sidra e do viño”

Publicidad

Segundo informou este luns Abel Caballero, o goberno vigués aprobou o proxecto de percorridos medioambientais, dentro do "Camiño a Camiño 2018", con rutas por Vigo e saídas á comarca para coñecer o proceso produtivo da sidra e do viño. 

Cun orzamento lixeiramente superior aos 25.000 euros, o Concello prevé celebrar en outubro e novembro oito saídas pola cidade e a súa área metropolitana, cunha participación que estará entre as 2.000 e 2.500 persoas.

Os percorridos que se celebrarán nas próximas semanas servirán, como de costume, para “seguir coñecendo o hábitat vigués, a flora e a fauna”, nas verbas de Abel Caballero, pero tamén contará con saídas á área metropolitana para afondar no proceso produtivo da sidra e do viño. Estes percorridos desenvolveranse na Estrada, O Rosal e na comarca do Ribeiro.

As datas concretas de cada una das actividades e a información relativa as andainas farase pública nas vindeiras semanas. É importante destacar que o programa está enfocado a calquera persoa, aínda que os empadroados na cidade teñen preferencia.

Que é Camiño a Camiño?

Camiño a Camiño é o programa de educación ambiental que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente de Vigo. En cada temporada do ano desenvolve diferentes percorridos tanto na cidade como na bisbarra relacionadas coa divulgación medioambiental. Tamén programa hortas-escola e actividades formativas.

Convenios

Por outra banda, o alcalde vigués deu conta dun convenio de apoio á Asociación Galega San Francisco, entidade que percibe 8.000 euros do Concello en virtude deste acordo para o desenvolvemento das súas actividades coas persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

No eido cultural, o goberno de Vigo aprobou o convenio coa Agrupación Fotográfica Galega para o desenvolvemento da edición 2018 do Maratón Fotográfico, que será o 29 e 30 de setembro. O Concello achega ao efecto 3.700 euros. Ademais, o executivo encabezado por Caballero validou o acordo de respaldo á última edición

Salir de la versión móvil