As pedras cobran vida nun Castelo de Soutomaior á vangarda museística

Publicidad

O Castelo de Soutomaior é unha auténtica xoia coa musealización levada a cabo pola Deputación de Pontevedra, unha actuación que introducirá aos visitantes cara outra época e que permitirá coñecer a personaxes tan apaixoantes da nosa historia como Pedro Madruga ou María Vinyals.

A musealización do Castelo de Soutomaior, que será inaugurada o 11 de maio cun "evento no que haberá sorpresas moi relevantes" tal e como anunciou Carmela Silva, vai permitir "coñecer o noso territorio e a nosa historia, porque nas pedras deste castelo está escrita a historia de Galicia e, desde o 13 de maio, poderémola ver grazas ao proxecto de musealización que impulsamos". Deste xeito, amais de paneis ilustrativos e informativos, a actuación aposta polas "tecnoloxías máis avanzadas, con caixas máxicas, vídeos divertidos e amenos e un mapping sorprendente" asegurou. A presidenta da Deputación anunciou xornadas de portas abertas para desfrutar durante este mes da actuación realizada e amosouse emocionada polo resultado e por "sacar ao castelo dun uso partidario para convertelo no símbolo do turismo na provincia".

O novo goberno da Deputación de Pontevedra vén de acometer un paso decisivo no seu proxecto de apertura do Castelo de Soutomaior, no que ata agora xa investiron máis de 2 millóns de euros, que chegarán a catro millóns cando remate a lexislatura. "Antes tiñamos unha xoia escondida nun xoieiro e agora puxémola á vista para que toda a cidadanía poida gozar dela", asegurou a presidenta da institución en referencia á reformulación do recinto histórico impulsada polo goberno provincial. Neste eido, desde o ano 2015 impulsouse un Plan de Usos para o Castelo que determinou a orientación do Ben de Interese Cultural cara ao turismo familiar. Deste xeito, realizáronse actuacións nos exteriores do Castelo de Soutomaior que veñen de completarse coa musealización do recinto.


Poderíache interesar: Os escenarios de Game of Thrones na nosa provincia que puideron ser (e non foron)


Cando se poderá visitar?

A nova musealización do Castelo de Soutomaior estará aberta ao público dende o 13 de maio.  Esta mañá, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, anuncio ademais que coa saída á venda das entradas haberá descontos e incluso acceso gratuito para diferentes colectivos sociais. Así mesmo, a presidenta provincial anunciou diversas "xornadas de portas abertas" durante este mes.

 

Salir de la versión móvil