Camiñando para “salvar o monte” no Morrazo

Publicidad

Dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural dos montes de Varalonga e do Castelo de Darbo e sálvalos da especulación. Con este obxectivo, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza para o domingo, 24 de setembro, unha andaina que percorerrá algúns dos puntos máis destacados destes espazos naturais.

O roteiro, que sairá ás 10:00 horas dende o Igrexario de Darbo, ten unha duración aproximada de 3 horas para percorrer en torno a 6 quilómetros. Durante o percorrido, os participantes pasarán polo arboreto da Raposa –cun impresionante miradoiro á ría de Vigo-, a pedra Cabalgada –onde o bosque de carballos mestúrase cun bosque de ribeira de ameneiros e salgueiros grazas ao nacemento do rego do Pontillón-, ou o Monte do Castelo –con vestixios romanos e castrexos-.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo lembra que “as principais ameazas de cara ao futuro son un proxecto de investigación mineira entre a parte de Darbo e Aldán, a instalación dunha antena de telecomunicacións na parte do Hio e a especulación urbanística na parte de Aldán” que farían desaparecer a diversidade natural destes espazos ecolóxicos, catalogados como solo rústico de especial protección forestal.

Para acceder ao punto de saída debes seguir a estrada PO-315 entre Cangas e Bueu pola costa até chegar a este punto.

Salir de la versión móvil