Coñece os días de portas abertas do Castelo de Soutomaior

Publicidad

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este venres as xornadas de portas abertas gratuítas para descubrir o "novo" Castelo de Soutomaior, que abrirá as súas portas os días 13, 20, 21, 22, 24 e 25 de maio. Segundo explicou Silva, "queremos que toda a cidadanía teña a oportunidade de descubrir, de primeira man, a historia do castelo e dos seus personaxes a través da musealización realizada no recinto histórico".


É do teu interese: Así é o "novo" Castelo de Soutomaior


Deste xeito, as xornadas de portas abertas comezarán o día 13 de maio, entre as 16:00 e 19:00 horas a través de visita libre ao recinto. O día 20 de maio, tamén mediante visita libre, amplíase o horario para que as persoas poidan coñecer o proxecto de musealización entre as 10:00 e as 19:00 horas.

Os días 21, 22, 24 e 25 de maio, tamén de 10:00 a 19:00 horas, haberá a posibilidade de realizar o percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar nas visitas guiadas, que terán lugar ás 11:00 e 17:00 horas, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico do castelodesoutomaior@depo.es, xa que as prazas están limitadas a un máximo de 22 persoas por grupo.

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter a noticia da musealización do Castelo de Soutomaior. Neste eido, informou que desde o anuncio da reapertura do Ben de Interese Cultural "temos xa reservas de oito colexios da provincia, de seis axencias de viaxes e de grupos que en total suman máis de 1.000 personas que xa se van a achegar na segunda quincena do mes de maio a coñecer o castelo".


É do teu interese: Coñece a nova ruta "Madrugas, Pedro? 


Salir de la versión móvil