“Coñece Ponteareas” convídate a un roteiro de balde entre ríos e natureza

Publicidad

Nova oportunidade para coñecer a riqueza natural, pero tamén cultural, de Ponteareas. O Concello organiza este próximo domingo, 15 de setembro, un novo roteiro para percorrer parte do entorno fluvial do municipio dentro da iniciativa “Coñece Ponteareas”.

Desta vez, a cita xirará en torno aos ríos Tea e Uma cunha visita guiada que dará comezo ás 10:00 horas e que, ademais de amosar aos participantes a perspectiva ecolóxica do percorrido, tamén dará conta da faciana cultural, económica e social.

Cunha duración aproximada de tres horas para camiñar durante oito quilómetros, a visita partirá da Ponte dos Remedios para dirixirnos até a desembocadura do Una, Dende alí subirá polo río até a Ponte do Cabalón (na imaxe) para pasar pola Igrexa de Angoares e finalizar de novo nos Remedios.

Todas e todos os que queiran participar deberán anotarse na biblioteca pública municipal, a través do seu número de teléfono 986 660 765 ou no enderezo electrónico turismo@ponteareas.es

Salir de la versión móvil