A Asociación Artístico Cultural de Guláns, en colaboración co Concello de Ponteareas, coa C.M. Xistra e coa Federación Galega de Montañismo, organiza a IV Andaina de Guláns que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de marzo.
A organización dispón dous percorridos, un de 25 quilómetros de distancia e o outro de 12 quilómetros, ámbolos dous por sendeiros, pistas forestais, cortalumes e sendeiros de cultivo. O primeiro deles é unha proba de regularidade que puntuará no Open 25km cun percorrido circular con inicio e fin no centro cultural. O percorrido curto é apto para todos os públicos.
O punto de encontro é o centro socio cultural de Guláns ás 09:00 horas para os que fagan o percorrido longo e ás dez horas para os que opten polo curto de doce quilómetros.
Ao remate da andaina haberá un xanta popular a base de callos e produtos delicatessen propias da comarca.
Dende o Concello de Ponteareas explican que "a IV Andaina de Guláns é unha actividade apta para que toda a familia desfrute dun día en contacto coa natureza e a historia da parroquia na compaña das xentes do lugar".
O prezo de inscrición sitúase entre os 10€ e os 12€ e os interesados poderán anotarse en Championchipnorte antes do 15 de marzo ás 0:00 horas.