¿Queres coñecer os mosteiros de Valença durante a noite? O Club Andatui organiza para este sábado, 22 de xullo, unha das denominadas "Andainas Saudables da Eurocidade". Trátase de diferentes visitas guiadas percorrendo a contorna de Tui e Valença e descubrindo o seu patrimonio natural e cultural.
A cita deste sábado percorrerá os case 10 quilómetros que separan o Mosteiro de San Fins e o Mosteiro de Ganfei, ambos os dous á outra beira do Miño. Deste xeito coñeceremos a historia do Mosteiro de San Fins, situado na ladeira do Monte Faro e construido a finais do século VII, na alta Idade Media. En Gonfei, pola súa parte, contan cun mosteiro fundado no período visigótico, no século XII. O seu claustro sufriu das invasións árabes e foi destruido polo Almanzor para ser reconstruido en 1018 polo cabaleiro francés Ganfei, de aí o seu nome.
Como participar?
O punto de encontro será o Mosteiro de San Fins, en Valença, ás 20 hora española ou ás 19.20h no aparcamento do Lidl en Valença. Dende o Mosteiro de San Fins os participantes serán trasladados en autobús ata o Mosteiro de Ganfei, onde comezará o percorrido de 9,5 quilómetros de dificultade doada/moderada que rematará no Mosteiro de San Fins. Son tres horas aproximadas de duración para percorrer as freguesías de Ganfei e San Fins. Ao remate da andaina realizarase o avituallamento.
Como nas edicións anteriores, os participantes deberán realizar a inscrición, a través do enderezo electrónico do club, www.andatui.es, cun prezo establecido de 5€, e 3€ para os menores de 12 anos. Deberá levarse lanterna.