Gondomar organiza tres rutas de sendeirismo para coñecer a contorna natural do municipio

Publicidad

Tres opcións ao aire libre para coñecer o patrimonio natural e cultural de Gondomar. O Concello do Val Miñor organizará no mes de xullo tres rutas de sendeirismo que percorrerán parte do municipio e permitirán descubrir diferentes puntos de interese próximos aos cursos fluviais ou ao Camiño de Santiago.

A primeira das saídas terá lugar o mércores, 3 de xullo, e percorrerá a denominada “Ruta das Ánimas”. Este roteiro ten un percorrido de dous quilómetros e discorre xunto á marxe do ró Miñor en dirección a Peiteiros. Na ruta atópase a Ponte das Ánimas o Muíño do Quintas ou a Fervenza da Torre.

O xoves, 4 de xullo, será a quenda da “Ruta do Río Miñor” en dirección a Mañufe onde os asistentes coñecerán a paisaxe da ribeira e o seu entorno. Por último, o venres, 5 de xullo, poderase percorrer o “Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte”, variante do camiño portugués que ven de Vilanova de Cerveira. Este tramo chega ao Concello de Gondomar a través da parroquia de Couso, na capela dos Remedios, e finalizará cun paseo polo Pazo do Conde de Gondomar, construído entre o baixo medievo e mediados do S.XVI,

As rutas darán comezo as 10:00 horas e o punto de encontro será no parque da Coelleira. A recollida dos menores que veñan sen un adulto, a partir das 12.00 horas. Para participar nestas actividades é necesario inscribirse presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986 369 746, ata completar aforo en cada unha de elas.

Salir de la versión móvil