Este mércores, 22 de agosto, os amantes da natureza e as andainas teñen unha cita no municipio de Gondomar. O concello organiza un roteiro guiado e de balde a través dos camiños de Peitieiros.
A andaina, que ten unha duración aproximada de dúas horas, permitirá coñecer os segredos dos montes de Peitieiros para desfrutar dunha completa panorámica da ría de Vigo con Monteferro, as Illas Cíes e a enseada de Baiona como principais protagonistas.
Organizada pola concellería de Turismo, a actividade percorrerá dous quilómetros e arrancará ás 19:00 horas do Alto de San Antoniño, non sendo precisa inscrición previa. Durante a ruta presentarase tamén a toponimia do lugar explicando os nomes e as súas orixes.
//// Imaxe de portada de Fabio Alonso.