O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza para os meses de outubro e novembro o “curso de auga doce”, que afondará na relación de Vigo coa auga.
Divídese en cinco bloques temáticos (auga e relevo, auga e vida, auga e aproveitamento tradicional, auga e fogar, auga, saúde e lecer), pero non se trata “dun curso de galego se por iso entendemos gramática, ortografía e sintaxe”, como apuntan dende o SNL. Trátase, máis ben, dunha “acción formativa” que nos permitirá achegarnos a nosa especial relación coa auga, o léxico ou a fraseoloxía, e polo tanto ao uso do galego neste eido.
Excursión a Zamáns
A acción formativa incluirá unha excursión de 2 horas aos regatos e muíños de Zamáns, onde poñer en práctica o aprendido e gozar do entorno natural da cidade.
O curso celebrarse os 23, 25 e 30 de outubro e o 6, 8, 13, 15, 20, 22 e 27 de novembro na oficina Municipal de Distrito de Bouzas (Casa Patín, rúa Eduardo Cabello), entre as 18:00 e as 20:00 horas.
Para anotarse é necesario enviar os datos (nome completo, teléfono e DNI) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (cómpre poñer no asunto: curso auga salgada).