Nigrán ofrece un roteiro por Monteferro para desfrutar do solpor na ría

Publicidad

 O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán "Equilibrio Natural", ofrece este martes 11 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor. O percorrido constará de seis quilómetros e dunha duración aproximada de dúas horas e media.

Na visita, os participantes poderán desfrutar das impresionantes vistas deste monte que recibe o seu nome polas terras ferruxinosas que hai na composición do seu chan. Miradoiro privilexiado sobre a entrada á ría de Vigo e a Baía de Baiona, permite ollar ás Illas Cíes e as propias Illas Estelas, situadas ao seu carón.

Os interesados en participar neste roteiro de balde deben inscribirse previamente no mail turismo@nigran.org indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 horas no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.

Por outra banda, segue aberto prazo para anotarse ao do sábado na parroquia de Parada ao “roteiro dos Mouros´ con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.

Salir de la versión móvil