Nigrán organiza un roteiro polo castro de Chandebrito c on concertó final durante o solpor

Publicidad

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial das Letras Galegas, dedica este sábado 4 de maio á parroquia de Chandebrito ofrecendo un roteiro arqueolóxico centrado nas recentes excavacións do Castro e, a continuación, e coincidindo co solpor, o concerto do coro Gli Appassionati, dirixido pola prestixiosa mezzosoprano de Chandebrito Nuria Lorenzo. O obxectivo do Concello é, unha vez máis, por en valor esta parroquia tan afectada pola vaga de lumes de 2017.

O roteiro arqueolóxico arrancará ás 19:00 horas dende o campo de fútbol de Chandebrito e estará guiado por responsables da primeira fase de excavación no Castro, da cooperativa Árbore Arqueoloxía. A duración prevista é de duas horas e inclúe un obradoiro de elaboración de colares que rememoran a conta fenicia atopada recentemente no lugar, para elo se empregarán réplicas de taladros prehistóricos.

Esta peza orixinal e outras atopadas recentemente serán amosadas aos asistentes. "O Castro é un xacemento arqueolóxico sen precedentes na comarca e todavía descoñecido co que estamos totalmente comprometidos", sinala o alcalde, Juan González.

Como gran colofón final á xornada, terá lugar o concerto ao aire libre do coro Gli Appassionati ás 21:00 horas no bautizado como 'Bosque da Memoria', ao pé do castro. Neste escenario máxico, coincidindo precisamente co solpor, os 'appassionati' interpretarán un repertorio prácticamente cen por cen galego, con pezas de textos de Rosalía de Castro como 'Cada noite', 'O moucho', 'Negra sombra' o outros popularmente coñecidos como 'Catro vellos mariñeiros' ou 'María Soliña'. Tamén cantarán o mundialmente famoso 'Halleluia' de Leornad Cohen acompañados da pianista Alessandra Baiocco.

Ademais, a directora do coro e veciña de Chandebrito Nuria Lorenzo, interpretará 'Ondas do Mar de Vigo' e 'Negra Sombra'. "Varios dos compoñentes do coro vivimos en Chandebrito e Vincios, por iso queríamos facer algo especial en memoria da vaga de lumes", explica a mezzosoprano Nuria Lorenzo, quen avanza que "haberá unha sorpresa para que os asistentes entren en calor" e recorda que, como é habitual no coro, o público formará parte intrínseca da escenografía para que poida participar tamén. Para poder gozar deste concerto, recoméndase levar roupa de abrigo e algunha mantiña para sentarse no chan. 

Salir de la versión móvil