Nigrán organiza unha viaxe a O Carballiño para a terceira idade

Publicidad

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o xoves 19 de outubro a O Carballiño (Ourense). O prazo de inscrición comeza mañá martes 10 de outubro e finaliza o luns 16, tendo un custo por persoa de 15 euros que cubre tódolos gastos da viaxe (comida, transporte e visitas).

A hora de saída é ás 8.30 horas dende o Concello de Nigrán e o regreso estimado é ás 21:00 horas. A viaxe inclúe visita ao Mosteiro de Oseira ás 10:00 horas, visita a unha bodega e cata ás 12:00, xantar ás 14:30 e paseo fluvial polo Río Arenteiro e visita aos muíños ás 17:00 horas. Os interesados deben inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O segundo programa de turismo social do Concello de Nigrán arrancou o mes pasado cunha visita ás terras do Salnés e se realizarán máis de aquí a final de ano.

Salir de la versión móvil