Valadares revive o Camiño de Santiago cun show circense e peregrinación labrega

Publicidad

“Pasiño a pasiño imos facendo o camiño a Santiago”. É o título do evento co que os veciños de Valadares recrearán este domingo 13 de outubro o treito parroquial desde roteiro xacobeo, unha variante do Camiño Portugués, que pasa por varios dos espazos naturais máis fermosos desta parroquia viguesa. A ruta, de baixa dificultade e apta para toda a familia, e ten unha particularidade moi especial, xa que tentarán recrear unha peregrinación labrega, polo que é imprescindible vestirse acorde para gozar e transportarse á época das grandes peregrinacións.

A ruta guiada polo Muíño da Senra e casa do peregrino (13:15), antes do xantar na Área Fluvial dos Muíños do Redondo -o carón do Parque Tecnolóxico de Valadares, 14:00-. Despois de desfrutar en boa compañía e compartir os alimentos que cada un trouxo da casa, como antigamente facían no camiño, continúan as cantigas e os romances con Aldaiña de Candeán, o Cego de Matamá (15:30), e “O Leo”, o trobador multinstrumentista de Matamá.

Pola tarde, a compañía circense N+1 presenta o seu espectáculo “Gandaina”, no que tamén participan os paiasos Tano e Pajarito (16:45) e xa cara ás 17:30 partirase para finalizar esta roteiro tan especial na redonda do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A inscrición é de balde e estará aberta ata o 10 de outubro ás 21:00 horas na sede do Centro Veciñal e Cultural de Valadares ou a través do correo cvallada@ctv.es , xa que a etapa non é circular e así poderase estimar o transporte preciso.

Salir de la versión móvil