Os 34 murais cos que as mulleres artistas toman Vigo

Publicidad
Un dos murais feitos polo artista vigués Davida // OLALLA RODRÍGUEZ

A labor das mulleres de Vigo no arte conquista as rúas de Vigo. Ese era o obxectivo do vigués Davida que, en colaboración co Festival Nun Local, protagoniza "Artistas", un proxecto artístico e social que consiste nun percorrido polas actuacións femininas máis destacadas das tres primeiras edicións do evento.

A principal finalidade desta creación entre o artista vigués é dar a visibilidade ao traballo da muller nos diversos eidos artísticos: música, literatura, artes escénicas, deseño gráfico, fotografía e un largo etcétera.

Porén, Vigo xa ten coa súa "Ruta das Artistas", un itinerario que permite ós seus veciños e as súas veciñas contemplar unha exposición que está plasmada polas rúas da cidade. Nestes días, pódense atopar murais de Artistas nas rúas das zonas de Hispanidad, o Casco Vello, Florida ou O Calvario.

O traballo gráfico está centrado en fotografías tomadas durante as actuacións que deron como resultado un total de 34 ilustracións que, posteriormente, foron compiladas e editadas nun libro, así como noutros formatos como láminas, postais e marcapáxinas.

Para que o traballo feito acadase unha maior difusión e repercusión na cidade de Vigo, o Festival Nun Local iniciou en marzo de 2018 o hashtag #ARutaDasArtistas, unha campaña de colado de ilustracións acompañadas dun código QR que dirixía a material audiovisual relacionado con cada unha das artistas representadas, co obxectivo de interactuar co transeúnte e facelo partícipe da propia acción.

A traxectoria de Davida

O artista vigués é David Amoedo Losada. Naceu en Sárdoma, Vigo, no ano 1984. Cursou debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo e delineación no I.E.S. Politécnico de Vigo. Foi membro fundador y coordinador do colectivo Fuck Comics e o fanzine homónimo. Colaborador dos fanzines Despregable, La Patrulla Caspa e Sinónimos de Lucro.

Davida destacou por ser humorista gráfico nas revistas XogoDescuberto, Retranca e nos portais webs Noraxove.com, moiceleste.com, ODivinoFerrete.es e Pentavox.net. No 2009 publica o álbum monográfico "Tiras Cíclicas". É director de arte en Electronic DNA A.L. (2013-2015) e concept artist en Polygon-e Studios.

Salir de la versión móvil