O programa “Bueu Camiñando” arrancará este mércores, 11 de xullo, a programación de andainas a través de diferentes zonas do municipio coas que coñecer algúns dos puntos de interese do concello morracense á vez que se fai deporte.
A cita terá lugar todos os mércores de xullo e agosto con rutas circulares por diferentes zonas como Meiro, Cabo Udra, o Igrexario, Portomaior, etc. Todas elas terán unha extensión de entre oito e dez quilómetros de dificultade moderada.
As rutas de sendeirismo arrancarán dende as 10:00 horas na praza de Masso e rematarán no mesmo punto sobre as 13:00 horas.
Dende a concellería de Deportes, organizadora de programa, lembran a necesidade de levar roupa e calzado atendendo a climatoloxía e ao entorno no que se celebran, ademais de froita e bebida para refrescarse e retomar forzas.
Os interesados deben anotarse previamente a cada andaina no teléfono 986 32 43 38.
Pódeche interesar: Descubre os 4.500 km de sendeiros en Galicia con esta ferramenta da Xunta