Afonda na cultura verniana con este paseo pola ría de Vigo e as Illas Cíes

Publicidad

Afondar nas lendas da baía de Vigo, a batalla de Rande e a figura de Jules Verne é mais sinxelo se se pode facer percorrendo os espazos protagonistas. Así, a concellería de Normalización Lingüística de Vigo, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, organiza un paseo pola ría de Vigo e as Illas Cíes.

Fantasías e realidade de Verne en Vigo” celebrarase o sábado, 29 de setembro, da man de Eduardo Rolland, experto verniano, e Ledicia Costas, autora da novela “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”.

Ao longo da xornada, os asistentes poderán desfrutar dalgúns dos pasaxes do capítulo “A baía de Vigo” de “20.000 leguas baixo dos mares”, xunto á narración da Batalla de Rande, seguindo o guión do propio capitán Nemo a bordo do Nautilius.

Unha vez nas illas Cíes, visitarase o Alto do Príncipe onde se falará de Verne, pero tamén do empresario vigués Antonio Sanjurjo Badía, inventor do primeiro submarino galego. Xa no faro, narrarase a entrada do Nautilus na ría de Vigo o 19 de febreiro de 1868 e as dúas visitas á cidade de Verne. Tamén se explicarán as curiosidades da illa sur na ficción literaria das mulleres planta.

O prezo desta travesía e paseo é de 10€ -non inclúe xantar-. A saída dende o porto de Vigo será ás 9:00 horas e a volta partirá ás 17:30 horas. Pódese reservar praza dende este luns, 17 de setembro, no teléfono 986 36 05 75.

Salir de la versión móvil