O mal tempo obriga a aprazar a andaina do Louro en Mos

Publicidad

A andaina solidaria organizada pola ONG viguesa polo sendeiro do río Louro, en Mos, prevista para este domingo, 3 de xuño, vén de ser aprazada por mor das malas previsións meteorolóxicas. Ante a chuvia prevista, a organización decidiu modificar a data para o 10 de xuño, co mesmo horario de inicio. A actividade, que permite recadar fondos para os comedores escolares desta agrupación sen ánimo de lucro, arrancará ás 11:00 horas na contorna do Pazo de Mos.

Trátase dunha andaina de dificultade sinxela adaptada para todos os públicos e especialmente enfocada para familias con nenos. A inscrición ten un custe de 5 euros por persoa (gratis para os
menores de 5 anos) e inclúe dentro do prezo auga e froita para o camiño, e un pequeño agasallo.

Os interesados en participar poden inscribirse en info@aulasabiertas.org ou chamar ao teléfono 667982306.

Salir de la versión móvil