A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Cangas organiza celebrará o Día Mundial Sen Tabaco cunha andaina de sete quilómetros a través do vello Camiño Real. A cita, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 13:00 horas do domingo, 3 de xuño, percorrerá o trazado da vella vía de comunicación entre Cangas e Moaña, antes da construción da actual PO-551.
Os participantes poderán percorrer boa parte do antigo Camiño Real, pasando pola franxa costeira de ambos dous municipios e desfrutando de paos, cruceiros, esculturas ou capelas de interesante riqueza patrimonial.
A actividade contará con avituallamento no comezo en un punto intermedio do itinerario. Para anotarse soamente é preciso achegarse ás 9:30 horas do domingo ao punto de saída, na Alameda de Cangas, e achegar un donativo voluntario a favor da Asociación Española Contra o Cancro.
Segundo os datos da AECC, en Galicia as persoas fumadoras representan un 18,86% do total da poboación, con maior incidencia entre os homes (23,52% fronte ao 14,60% das mulleres).