Roteiro circular para descubrir os pazos de Bueu

Publicidad

Bueu conta cun importante patrimonio das chamadas “casas grandes” ou pazos, de gran valor arquitectónico e etnográfico, aínda que todos eles son privados. Porén, o concello organiza para este mércores, 2 de agosto, un roteiro por dous dos máis destacados pazos do municipio. Trátase do de Santa Cruz e do de Ouril.

O primeiro, tamén coñecido como o Pazo de Quitapesares, data de mediados do século XVII e actualmente está perfectamente conservado ao estar dedicados os seus xardíns, onde se ubica un invernadoiro inglés, a casamentos. De estilo arquitectónico barroco, destacan os seus tres escudos e a gran torre ameada. Con vistas á ría de Pontevedra conta ademais cunhas espectaculares escalinatas que dan acceso ao interior do pazo.

Pola súa parte, o Pazo de Ouril foi ordeado construír polo tamén señor do Pazo de Santa Cruz, situado moi próximo. Cunha estrutura en “L” de dous andaras e unha torre ameada, o pazo, de traza barroca, conta cuns coidados xardíns, un hórreo, un pombal e un cruceiro, todo rodeado por un gran muro de pedra. No camiño que rodea ao recinto hai unha baixada que esconde un fermoso lavadoiro cunha fonte esculpida na pedra.

Cando sairá a andaina?

Arrancará ás 10:00 da mañá dende a Praza Massó e terá unha dificultade moderada cunha duración de dúas horas. Dende o servizo de deportes do Concello de Bueu recoméndase levar calzado adecuado, gorra, barras enerxéticas e bebida. A actividade é totalmente de balde e non require inscrición previa.

Salir de la versión móvil