O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo recupera para abril un roteiro que forma parte da colección literaria de “Historias para coñecernos Vigo”. O protagonista deste mes será a obra “A voz das nereidas”, unha publicación que permitirá ós participantes percorrer a beleza das prais viguesas para cruzar Toralla e camiñar polos areais do Vao, do Baluarte e da Fontaíña.
O percorrido literario estará guiado polo autor de “A voz das nereidas”, Santiago Lopo, e terá lugar sábado 27 de abril ás 11:00 horas. O punto de encontro será o paso de peóns situado á entrada da ponte de Toralla. Os asistentes poderán afondar no contraste de dous xeitos de entender a vida representados polas praias e a cidade como son o mundo máxico da mitoloxía e das lendas. Todo ese coñecemento producírase mentres se camiña e se contempla a beleza das praias viguesas e a ría de Vigo.
Durante o roteiro literario realizaranse paradas nas que o escritor falará dos lugares onde se desenvolve a novela, pero tamén falará sobre a historia da illa de Toralla, do Vigo romano, da tradición mariñeira ou da toponimia da zona.
As interesadas e interesados en inscribirse no paseo poden facelo chamando ao número de teléfono do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (986 81 02 81). O prazo comeza o luns 22 de abril dende as 09:00 ata as 13:30 horas. A persoas que se apunten deberán facilitar nome, apelidos e teléfono de contacto.