Tapearte, a ruta de petiscos que mestura gastronomía e arte

Publicidad

A Guarda volve a fusionar gastronomía e arte. Os veciños da Guarda e visitantes poderán gozar con Tapearte, ruta gastronómica que estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño e que estará composta por un total de 16 bares e restaurantes da vila que ofertarán tapas durante os venres, sábados e domingo en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas. O prezo da tapa é de 2 euros.

O formato é o mesmo que edicións anteriores. Os participantes poderán valorar as tapas cos pasaportes dispoñibles en cada local, con puntuacións de 1 a 6 puntos, que permitirán, ao remate da ruta, establecer o gañador do Concurso da Mellor Tapa 2019. Tamén se premiará ao establecemento que sirva o maior número de tapas.

Os clientes de Tapearte 2019 poderán a optar a diferentes premios. Haberá un premio directo para aqueles que entreguen o seu pasaporte con mínimo de 13 selos. Neste caso, o agasallo é un lote de dúas botellas do Forte de San Lourenzo de Licor Café e Crema de Oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaportes cun mínimo de seis selos que sexan depositados nas furnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.

Nesta edición de Tapearte 2019 participan o Art Café coa tapa “Xorzart”, o Bitadorna coa tapa “Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado”, o Camping Santa Tecla coa tapa “Tournedo Rossini”, o Celtic coa tapa “Chocos con arroz na súa tinta”, a Pizzería Di Marco coa tapa “Carpaccio de polbo á feira”, a Tapería El Paseo coa tapa “O Paseo”, El Perro Verde coa tapa “Arepa rechea”, o Enxebre coa tapa “Pelotiñas enxebre”, O Gaviota coa tapa “Bacalao ao pisto de morena”, La Botica coa tapa “Sabores afumados”, La Casilla coa tapa “Delicia Galega”, Marbella coa tapa “Empanada da horta”, Novo Funil coa tapa “Cazola de Xabarín”, o Xantar coa tapa “Crunk”, o Xeito coa tapa “Espetada mariñeira” e Y la Luna? coa tapa “Impórtame un pemento”.

A ruta gastronómica Tapearte 2019 presentouse o pasado xoves. A nova edición deste evento culinario nace como complemento á programación cultural da festa do Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos.

No acto de presentación de Tapearte 2019 estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes; e unha representación dos establecementos participantes e un representante de Distribuciones Disramo, casa comercial colaboradora nesta ruta.

Salir de la versión móvil