Tres rutas en tren turístico para coñecer Ponteareas e degustar os seus manxares

Publicidad

Esta fin de semana e catro días ao mes o novo tren turístico do Condado amosará aos pasaxeiros os principais exemplos da riqueza histórica de Ponteareas.

O novo tren turístico da vila ofrecerá tres ruta, unha gastronómica, unha enoturística e outra turístico-histórica. A primeira ruta contempla visita a Canedo, a unha adega que incluirá unha cata con produtos típicos da comarca e unha visita a confiteiros da zona; a segunda ruta é igual, pero non visita aos mestres confiteiros, e a terceira ruta é circular polo centro urbano e conta cunha parada de dez minutos no convento de Canedo.

Cando sairá o tren turístico?

As rutas desenvolveranse este mesmo xoves, 7 de setembro, venres, sábado, domingo e luns, e repetirase catro días ao mes.

O xoves, venres, domingo e luns o tren sairá cada hora da Praza Bugallal dende as dez da mañá ata a unha do mediodía e dende as catro da tarde ata as nove da noite.

O sábado seguirá o mesmo horario, pero con saída dende o lateral da casa do Concello.

Canto custa?

A ruta turístico-histórica custará 5 euros por persoa cunha duración de 45 minutos, A ruta enoturística, de tres horas de duración que inclúe guía custará 15 euros por persoa e precísase reserva previa; Por último, a ruta gastronómica custará tamén 15 euros por persoa, durará catro horas e tamén será necesaria a reserva anticipada.

Ademais existen prezos reducidos para os situados entre os seis e os dezaoito anos, que pagarán 10€ na ruta gastronómica e enoturística namentres que os menores de cinco anos viaxarán de balde.

Como reservo e merco o meu pase?

Se queres probar o tren turístico debes chamar ao teléfono 986 182 908 / 886 216 447 ou visitar a web da empresa encargada do mesmo.

Salir de la versión móvil