Un roteiro guiado para as “descoñecidas e esquecidas” de Vigo

Publicidad

A primeira galega licenciada en medicina vivía en Vigo. A cidade foi punteira entre as primeiras pedagogas. Tamén nas pioneiras do feminismo. Ou mulleres anónimas que loitaron polos seus dereitos (e polos de todos). Esquecidas pola historia durante decenas. Invisibilizadas. No ano 2011, a asociación de Mulleres Nacionalistas Galegas, en colaboración co Concello de Vigo, deseñou “Sons de Mulleres”, o primeiro roteiro feminino da cidade. Agora, co gallo das celebracións do 8 de marzo a Concellería de Igualdade organiza unha visita guiada percorrendo a historia das ilustres e esquecidas da cidade.

O roteiro guiado celebrarse este sábado, 24 de marzo, dende o paseo de Alfonso XII cara a Poboadores. Alí atópase o Lavadoiro da Barroca. Ducias de mulleres reuníanse alí, na escravitude da auga fría e o olor do xabón, pero tamén nos segredos compartidos, nas charlas entre mulleres nun espazo afastado do patriarcado do momento.

A visita percorrerá a vida de mulleres ilustres da nosa cidade, viguesas de nacemento ou de sentimento que marcaron á cidade para sempre. Falamos das pedagogas Concepción Arenal, Ernestina Otero ou Antía Cal. Tamén da xinecóloga Olimpia Valencia. Mesmo das loitadoras Rosario Hernández e Urania Mella. Nomes propios da urbe galega.

Pero tamén haberá espazo e tempo para as esquecidas. As anónimas. Mulleres cheas de afouteza que non dubidaron en loitar e traballar arreo. “Reivindicamos ás mulleres lavandeiras que facían uns cartos fundamentais para que os seus fillos estudaran”, apunta María Casar, a coordinadora de "Sons de Mulleres".

Tamén aquelas anónimas “que levantaron a cidade de Vigo dende a invisibilidade do traballo no Berbés, no Mercado ou na rúa das Cesteiras”, sinala Casar.

A ruta busca, en definitiva, “facer visibles a mulleres de Vigo que eran coñecidas –ou non- pero que representan a nosa memoria”. Mulleres que foron pioneiras e forxaron a historia olívica.

Moitos quizais descoñezan o nome de Rosario Hernández, “A Calesa”. Afiliada a UGT e vendedora de xornais en Príncipe. Foi secuestrada, violada, torturada, mutilada e asasinada nun cuartel da Falanxe. Máis tarde, os asasinos levárona a Cíes para fondeala baixo unha plancha de ferro. É soamente un exemplo do esquecemento. Por isto, na opinión de María Casar é “moi importante o feito de que moitas mulleres foron esquecidas e descoñecidas para a maioría”.

Cando será o roteiro?

Será o sábado, 24 de marzo ás 11:30 horas dende o Paseo de Alfonso XII

Que prezo ten?

A visita guiada é de balde e non precisa de inscrición previa.

Desta vez, a visita arrancará no punto 3 (Paseo Alfonso XII)

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil