Unha andaina solidaria conectará Galicia e Portugal antes do Nadal

Publicidad

A uns días da celebración do Nadal, o club de sendeirismo Andatui volverá a celebrar a súa xa tradicional “Camiñada Solidaria” coa que recadar alimentos para os que menos teñen. A iniciativa, que celebra a súa oitava edición, terá lugar o domingo, 22 de decembro.

A andaina solidaria conectará as dúas fronteiras internacionais do Miño e permitirá ademais recorrer o interior da muralla da fortaleza de Valença, en Portugal. Así, os participantes sairán dende o recentemente restaurado Palco da Música, no Paseo da Corredoira de Tui, ás 10:00 horas para camiñar polo casco vello tudense cara o paseo fluvial que os levará até a vella Ponte Internacional. Tras cruzalo río Miño, visitarán o interior da muralla de Valença para posteriormente regresar de novo a Tui.

Esta “Camiñada Solidaria”, consta duns 9 quilómetros de distancia e é de carácter moderada e apta para todas as persoas. Non será necesario inscribirse previamente. Os participantes deberán presentarse no lugar e hora indicados cun quilo ou máis de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.

Salir de la versión móvil