A capital lusa vive un dos seus momentos máis doces convertida en referente turístico e cultural. Portugal está de moda e a atraente Lisboa, coa súa forte personalidade e contrastes culturais, é un destino ao que poucos rexeitan asistir. Por isto, o Concello de Gondomar organiza para o 24 e 29 de outubro unha viaxe á capital portuguesa destinada aos maiores de 55 anos.
Os asistentes poderán desfrutar dos principais atractivos turísticos da cidade, as rúas do barrio de Alfama, o carácter bohemio de Barrio Alto ou a vida comercial de Chiado.
Os participantes tamén visitarán a vila de Sintra, cos xardíns e pazos idílicos que foran empregados polos monarcas portugueses como residencia de verán. Outros dos puntos que se visitarán serán Estorial, Cascais ou Nazaré.
O prezo da viaxe é de 310€ e inclúe hotel de tres estrelas en Caldas da Rainha, transporte en autocar, réxime de pensión completa, guía acompañante, comidas en ruta.
A viaxe tamén inclúe a entrada ao Mosteiro dos Jerónimos, Palacio de Mafra, Mosteiro de Batalha e seguro de asistencia en viaxe.
As persoas interesadas poden reservar a súa praza entre o día 1 e o 30 de setembro no Departamento de Benestar Social, na Casa de Cultura de Gondomar, ou no teléfono 986 36 01 68.