A historia e gastronomía lusa, a exame nunha visita guiada pola fortaleza de Valença

Publicidad

Este venres, 18 de agosto, os apaixonados da historia, pero tamén da gastronomía portuguesa, teñen unha cita coa Fortaleza de Valença. Situada nas beiras do Miño, fronte a cidade de Tui, a Praza Forte de Valença, ou simplemente Fortaleza de Valença, é unha das mellor conservadas do país veciño e das máis importantes do Alto Minho.

Todos os que queiran descubrir os segredos desta fortificación candidata a Patrimonio da Humanidade e protagonista na Guerra da Independencia lusa, poden participar na visita guiada organizada para este venres e que ten un custe de 3€.

A visita ao seu interior, nun aura nocturno ao comezar ás 21:00 horas dende a Porta da Coroada, permitirá descubrir os diferentes cambios realizados na fortificación dende a súa construción, a comezos do século XIII, até a súa ampliación durante a Guerra da Restauración no século XVII.

Son cinco quilómetros amurallados nos que os visitantes poderán visitar os diferentes fosos, baluartes, prazas fortes e desniveis comunicados entre si. Ao remate da visita, os asistentes poderán degustar o famoso caldo verde portugués –un tipo de sopa de pataca con verzas que lle dan a súa cor característica-.

Para participar é necesaria inscrición previa a través desta ligazón. A visita poderá realizarse tanto en portugués como en castelán.

Salir de la versión móvil