A banda italiana Talco abrirá SonRías Baixas 2018

Publicidad

A banda italiana de ska-punk Talco abrirá, o xoves 2 de agosto, unha XVI edición do SonRías Baixas que encherá de novo Bueu de festivaleiros coa súa infalible mestura de boa música, gastronomía e praia.

A organización do festival, que nos seus 16 anos de vida se ten convertido en toda unha referencia do verán en Galicia e no resto da península, ven de anunciar a distribución por días do seu completo programa musical, coa única representación nos festivais de verán de Galicia dos italianos Talco, Revolta Permanent e Assekes o xoves 2; co único concerto en Galicia da xira de despedida de La Raíz, Desakato, Che Sudaka, Terbutalina e Sara Hebe o venres 3; e Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito, Muerdo e The Skarnivals o sábado 4 de agosto.

Sae hoxe á venda na web do festival un número limitado de entradas de día por 18 € máis gastos o xoves e 25 € máis gastos o venres e sábado, mentres que o abono para os tres días custa 40 € máis gastos, coa acampada incluída.

Salir de la versión móvil