Co obxectivo de descubrir os sabores da cociña das nosas avoas, Valença organiza esta fin de semana o seu xa tradicional Festival Gastronómico Sabores da Aldeia.
O evento gastronómico arrancará o venres ás 20:00 (hora portuguesa), namentres que o sábado comezará ás 11:30 e domingo ás 10:30 horas. Ao longo de todas as xornadas haberá tamén animación musical con DJs na noite e música folclórica durante o día.
O Festival Gastronómico Sabores de Aldeia, que terá lugar na Fortaleza de Valença, dende a porta da Coroada, contará con tapas e petiscos, ofertas de prato e tamén doces tradicionais.
Así, os asistentes poderán degustar os tradicionais “bolos do tacho”, as “moelas” ou tapas como os callos, pero tamén “anho no forno com arroz pingado” o imprescindible bacallau ou os “rojões à Minhota”. Un festival que, en definitiva, é unha viaxe polos sabores da xenuina tradición gastronómica lusa.
Pódeche interesar: Bai de Tapas, 21 formas de degustar Baiona