A exposición na que Barbie mostra o sufrimento da muller chega a Vigo

Publicidad

"Rompe. Xoga en Igualdade" é unha das exposicións do ano. Sen dúbida. A mostra chega este mércores 11 de abril á Casa das Artes de Vigo tras estar ata o pasado día 8 no Pazo Provincial de Pontevedra. A inauguración terá lugar ´las 19:30 horas e abrirá ao público ata o vindeiro 13 de maio.

Esta exposición é un percorrido a través de 18 paneis e vitrinas con bonecas Barbies "intervidas" que amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que sofren as mulleres ao longo de toda a súa vida dendo o momento no que nacen.

A mostra recolle temáticas como a beleza, a prostitución, os ventres de aluguer, o matrimonio infantil ou o maltrato, entre outros. "Rompe. Xoga en Igualdade" é unha nova forma de denunciar as desigualdades das mulleres, unhas mulleres que xa o pasado 8 de marzo tomaron as rúas de Galicia e de todo o mundo para berrar pola igualdade e polo fin da violencia machista.

"Rompe. Xoga en Igualdade" chega á Casa das Artes de Vigo e percorrerá diferentes puntos da provincia para ser, en palabras de Carmela Silva o día da súa inauguración no Pazo Provincial, "un berro permanente de denuncia, de posicionamiento".

Cando se pode visitar "Rompe. Xoga en Igualdade?

A mostra poderase visitar na Casa das Artes de Vigo ata o día 13 de maio deste ano en horario de lunes a venres, de 18:00 a 21:00 horas; sábados, de 12:00 a 14:00 y de 18:00 a 21:00 horas e domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas.

O acto de inauguración da exposición contará coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, da presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e deputada delegada de Igualdade, Isaura Abelairas.

Salir de la versión móvil