Moaña acollerá este domingo 8 de outubro a XVl Feira ECOArtesá no seu espacio habitual na contorna do Paseo marítimo e do Palco da Música. Unha das citas referentes do sector que contará con máis de 55 postos, adicada aos produtos ecolóxicos de agricultura sustentable, aos artesans, e tamén ao mundo do coleccionismo e as antigüidades, así como productos de segunda man.
Un dos principais obxectivos desta mostra e darlle cabida aos productos de elaboración artesanal e as antigüidades, entre esa oferta de espazos haberá tamén opcións para poder comer. Os asistentes poderán gozar dun clásico da gastronomía galega como o polbo e tamén haberá unha crepería. Haberá distintos postos de artesanía, xoiería e bixutería, cosmetica natural e xabóns, flores e plantas, espécies, mermaladas, mel, licores, rosquillas, empanadas, panadería e repostería, roupa artesanal, bolsos, mochilas e complementos, madeira, coiro, xoguetes, libros ou vinilos.
A Feira EcoArtesá de Moaña terá lugar dende ás 11:00 ata ás 21:00 horas. Pero, como xa é habitual neste evento, a mostra non consistirá só en amosar os produtos, senón que haberá unha extensa programación paralela para amenizar a xornada. A primeira das accións programadas será ás 12:30 horas coa entrada na Feira da Agrupación Meiramar-Axóuxeres, para amenizar a sesión vermú.
O evento tamén permitirá desfrutar de actividades de reciclaxe para o público infantil, ademais grazas a colaboración da asociación ADOC disporán dun espazo para poder montar e fotografar os cabalos (17:00 a 19:00) e para rematar chegará a quenda da proposta musical da banda de "Uxía Lambona" (19:00).
Por outra banda a Praza de Abastos estará aberta durante a xornada do domingo para facilitar a labor dos postos de participantes e tamén para o público, que terá a súa disposición os aseos deste espazo.