A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará con Feira de Artesanía

Publicidad

O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia e coa se inaugura a programación de verán 2022 na Guarda.

Este ano a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebra a súa XXX edición os días 1, 2 e 3 de xullo. Dende o ano 2009 leva organizándose a Feira de Artesanía na rúa Porto e que forma parte da programación desta festa que mestura gastronomía, cultura, música e entretemento.

Esta feira de artesanía celebrarase durante o sábado 2 e domingo 3 de xullo. A participación nesta feira está regulada mediante as bases de participación para esta edición e será gratuíta.

Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada en ditas bases, ao correo electrónico turismo@aguarda.es. O prazo de inscrición estará aberto do luns 6 ao venres 10 de xuño e con posterioridade.

Salir de la versión móvil