A Festa da Sementeira e Música regresa a Corzáns esta fin de semana con "grandes novidades"

Publicidad

Salvaterra de Miño xa se está preparando para celebrar a su particular festa do rural esta fin de semana. A XIV Festa da Sementeira e Música de Corzáns terá lugar este sábado 14 e domingo 15 de maio na Área Recreativa do Muíño da Ponte. A celebración, organizada pola Asociación Quinta do Piñeiro, regresa con dous días de festa que prometen "grandes novidades".

Esta nova edición da festa labrega de Corzáns comezará o sábado, 14 de maio, coa concentración de tractores clásicos e a posterior apertura dos postos de artesanía e exposicións. Ó longo desta primeira xornada haberá diferentes obradoiros e as actuacións musicais dos grupos Os Ghuacamaios, Os Bardos, Ronco & Folk, De Vacas, Tonhito de Poi ou O Caimán do río Tea.

A celebración continuará ás 11:00 horas do domingo, 15 de maio, coa tradicional entrada do carro dos bois no torreiro e o inicio dos traballos de labranza e sementeira. Ás 11:30 horas será a quenda de Carlos Blancos, encargado do pregón que irá seguido dun monólogo. Pola tarde terán lugar as esperada a VII edición das esperadas olimpiadas agrícolas, en modalidade infantil e para adultos, e a elección dos mellores caracterizados de labregos. Esta segunda xornada festiva estará amenizada polos grupos Naiama Gaiteiros, As Lucernas, Tremelique, Festicultores Troupé, Pelepau e Son das Tabernas.

Como novidades, este ano tamén haberá unha feira agrícola, con material para agricultura de todo tipo, e postos de comida durante todo o día con opcións vexetarianas.

Programa da Festa da Sementeira e Música

Salir de la versión móvil