A Guarda inicia a recta final do seu Nadal co espectáculo de Circo de Lume

Publicidad

O Concello da Guarda remata esta semana a programación de actividades do nadal con circo e a visita dos Reis Magos. Como prato forte da programación do Nadal este martes día 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco na Praza do Reló ás 18:00h.

Circo de lume é un espectáculo de pura acción para tódolos públicos. Con emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofagia, humor e trato directo co público. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con más de 13 años de adestramento, conclúen nun espectáculo de efectos visuales impresionantes.

O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.

A Cabalgata de Reis chegará ao concello baixomiñoto a tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.

A proba de obstáculos en familia "A Guarda Family Kids", na Alameda ás 16:30h. que pechará a programación o día 7 de xaneiro. Xa para pechar a programación do Nadal, o domingo día 8 de xaneiro ás 11:00h terá lugar a Carreira San Silvestre, un evento que se tivo que aprazar debido á climatoloxía adversa. Cunha distancia de 4 quilómetros, sairá dende a Praza de Avelino Vicente para percorrer diferentes puntos do noso municipio.

Salir de la versión móvil