A homenaxe do Ciclube Lumière de Vigo ao cinema de autor

Publicidad

O Cineclube Lumière de Vigo cumpre 25 anos ofrecendo ao público vigués o visionado de películas que non se poden ver nas canles habituais de distribución nas salas do estado. Porén, o colectivo adica o ciclo do mes de xuño ao cinema de autor no que ofrecerán filmes inéditos froito da colaboración co D'A Film Festival de Barcelona.

As proxeccións con esta nova temática comezaron o luns pasado con "Sollers Point", unha película de 111 minutos na que un narcotraficante de medio pelo baixo arresto domiciliario na casa do seu pai en Baltimore, inicia de novo relación cunha comunidade marcada polo desemprego, o abandono e a segregación profundamente arraigada. Alí, loita coas limitacións que o rodean mentres trata de atopar unha saída a súa propia prisión interna.

O ciclo de cine "Cinema de autor" continuou o seguinte luns 11 de xuño coa proxección de "A ciambra", un filme que aborda esta comunidade xitana, un universo sen lei na que a familia é o primeiro. Así o ve Pío, de catorce anos, cuxo modelo de conduta é o seu irmán Cosimo, pero cando o meten no cárcere, Pío aproveita a oportunidade de amosar a súa homada.

Tras deixar libre o Concello de Vigo o Auditorio Municipal de Praza do Rei o lunes 18, o Cineclube Lumière proxectará o filme sorpresa co que habitualmente pecha a serie de cada. Nesta ocasión, as únicas pistas que temos é que a cinta pertence ao cinema independente dos Estados Unidos.

O luns 25 de xuño seguen as proxeccións dos documentais "Braguino" e "Bayt al toot", que serán as encargadas de pechar o ciclo "Cinema de autor", a última serie do Cineclube Lumière de Vigo antes do parón do verán. Para poder ir organizando, coñece as sinopses dos vindeiros filmes que poderás ver no Auditorio do Concello

Braguino

No medio da taiga siberiana viven dúas familias: os Braguine e os Kiline. Ningunha estrada chega até alí, o único xeito é unha longa viaxe a través do río Ienissei, primeiro en barco, despois en helicóptero. Autosuficientes, viven segundos as súas propias normas.

Bayt al toot

https://www.youtube.com/watch?v=09nBsWQZ0nM

Sara é nada no Iemen, de pai iemenita e nai escocesa. Coa mocidade síntese incómoda coa súa contorna e marcha a Escocia a vivir coa nai. O pai aprobaba a súa marcha se ela non renunciaba as súas raíces no Iemen. Sara fixo esa promesa aínda que despois non a cumpre. Dez anos máis tarde, Sara volta ao Iemen convertida noutra persoa.

Homenaxe en Café Uf a maio do 68

O local vigués celebra dende este lunes ata o mércores un ciclo de cine no que rendirá unha homenaxe a maio do 68. Este lunes proxectarase o documental de William Klein "Grands soirs et petits matins" ás 20:00 horas. A serie continuará o martes, á mesma hora, con "Morrer aos trinta anos de Roman Goupil e o mércores co visionado de "Golpe por golpe" de Marin Karmitz.

Salir de la versión móvil