A música folk soará no arboredo da Xunqueira: Anxo Lorenzo actúa este xoves en Moaña

Anxo Lorenzo, esquerda, durante unha actuación do Intercéltico do Morrazo // DIEGO SEIXO

Publicidad

Nuns tempos nos que as únicas sorpresas son negativas, o Concello de Moaña inclúe como sorpresa un novo concerto na súa programación de “Días de Mar”. O recital será esta mesta semana e o protagonizará un artista moi especial. Anxo Lorenzo actuará este xoves 19 de agosto, ás 21:30 horas, no arboredo da Xunqueira, un emprazamento especial que acolleu esta fin de semana o Festival de Jazz e o Festival Días de Mar.

Anxo Lorenzo estará acompañado no escenario por Eoghan Neff ao violín, Rubén Bada ao bouzouki, Jorge Juncal nos teclados e Carlos Arévalo á batería. O músico moracense será o encargado de tocar gaita whistles e asubío. A entrada ao espectáculo é libre ata completar aforamento.

O concerto contará cun estrito protocolo antiCovid. O público estará en cadeiras para poder garantir a distancia de seguridade interpersoal. Será obrigatorio o uso da máscara en todo o momento e haberá que respectar en todo momento a distancia de 1,5 metros. Ademais, establécese que está prohibido beber, comer e fumar dentro do recinto do evento.

Anxo Lorenzo xa foi  encargado de protagonizar un petisco da programación "Días de Mar" que tivo lugar de forma online no pasado mes de abril.

Salir de la versión móvil