A música tradicional de Polonia, Tenerife e Galicia cítanse no Encontro dos Pobos en Tomiño

Publicidad

O Son das Prazas trae a música tradicional a Tomiño nos vindeiros días. O próximo luns 24 de xullo, a Praza do Seixo acollerá a XXVIII edición do Encontro dos Pobos, un dos festivais de música tradicional máis representativos do sur da provincia de Pontevedra e que cada ano reúne a grupos locais e internacionais en actuacións no concello tomiñés, así como en A Guarda, O Rosal e Oia.

Organizado polo Grupo de Baile e Gaitas Do Lusco ó Fusco en colaboración co Concello, o festival vai dirixido a todos os públicos e comezará ás 22:30 horas, con entrada de balde.

O público poderá desfrutar da actuación de dous grupos locais, da Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio de Tomiño e da propia agrupación Do Lusco ó Fusco. Estarán acompañados pola agrupación de Tenerife Parranda Chaboco e o seu amplo repertorio musical e pola polaca Bychlewianka, un grupo con máis de 40 anos de historia.

Encontro dos Pobos en Tomiño

Salir de la versión móvil