A neve no Pazo deu comezo á programación de Nadal de Mos que terá rondallas, teatro e festivais

Publicidad

Xa é Nadal en Mos. A localidade da Louriña deu comezo esta semana da súa programación de Nadal co acto do alumeado nos exteriores do Pazo de Mos ao cal achegáronse centros de personas que non quixeron perder o espectáculo cargado de actividades, música, diversión e neve.

Así chegou o "tan esperado acto inaugural do acendido de Nadal", que marca o inicio da programación en Mos e representa, xunto coa Festa Pre Fin de Ano do 30 de decembro, un dos acontecementos máis esperados e concorridos, tanto destas datas, como de toda a programación lúdica e cultural mosense.

O acendido do alumeado de Nadal na contorna do Pazo de Mos deu comezo ás 18:00 horas e contou co espectáculo infantil "A Raíña da Neve", a actuación musical dos "King Kids", así como canóns de neve artificial e fotomatón con foto de regalo e obradoiros infantís de pintacaras e globoflexia. Ese foi o primero de diversos actos que terán lugar ata o cinco de xaneiro.

Entre as múltiples actividades que terán lugar no municipio da Louriña tamén destaca o Certame de Rondallas que será o 17 de decembro, día no que tamén se dará a concentración solidaria de coches cláiscos, ou a Papanoelada moteira que se celebrará o 24 de decembro.

Programación de Nadal en Mos 

Salir de la versión móvil