A nova Biblioteca Pública de Nigrán estrea a exposición de Anubis Muñoz

Publicidad

O Concello de Nigrán inaugura este luns 8 de novembro ás 18:00 horas na nova Biblioteca Municipal a exposición de arte contemporánea ‘Praextere’ a cargo de Anubis Muñoz, veciña do municipio licenciada en Belas Artes no 2020. Estará aberta ata o 21 de novembro e o horario de visita será de luns a venres de 10:00 a 12:00 e 18:00 a 20:00 e fins de semana de 10:00 a 12:00 horas. A maiores, o 14 de novembro ás 18:00 horas inclúe a performance ‘Na procura da muller paxaro’ coa colaboración da tamén artista e bailarina Clara Ferrao Diz.

Trátase da primeira exposición individual de Anubis despois de ter participado en diferentes colectivas, está comisariada por Ana Seoane Suárez, e nela amosa o seu percorrido e aprendizaxe. ‘Praextere’, do latín, significa pretexto, e naceu coma unha palabra que designaba os bordados que se facían nas prendas a modo decorativo. “Para min é o pretexto necesario para aproveitar a arte como medio de liberación, de conciencia das nosas propias capacidades; a emancipación dunha sociedade limitadora e castradora que todavía está en vías de extinguir mentalidades patriarcais e de dominación”, indica Anubis.

Durante os seus estudos, no 2018, gañou o ‘2º premio de fotografía única’ da Universidade de Vigo; tamén realizou varias exposicions conxuntas antes de finalizar a carreira neste 2020. Cabe destacar: “Outono fotográfico” en 2017 e tamén no 2019, “Volilà la femme”, “Tecidos no tempo”, “Zoom Tui “Do individuo á paisaxe”” en 2019, e xa en 2020 participou na exposición colectiva “De brujas y mariposas” en La Habana, Cuba. Ademais, realizou unha intervención na paisaxe en Caldas de Reís no marco do evento artístico Kaldarte No-Nexo, onde se involucrou no bosque de Carballos do Xardín Botánico. Tamén este 2020 participou en “Pontevedra vívese,” creando unha peza artística durante a actuación da cantante Zeltia. No 2020 participou na exposicón colectiva e itinerante “Identidades Latentes”. O proxecto expositivo foi unha parte do seu TFG, onde amosa a súa líña de investigación actual íntimamente ligada á identidade, á natureza e onde á muller fundese coa alma animal como medio de liberación. E este último 2021 formou parte da exposición “Do final e do comezo” dos alumnos de Belas Artes, que se celebrou en Pontevedra.

Salir de la versión móvil