A perruquería solidaria ao aire libre de Tomiño suma servizo de tatuaxe solidarios

Publicidad

O centro de Tomiño volverá converterse nunha barbería e perruquería ao aire libre por unha boa causa. A terceira edición de “Barbeiros solidarios” celebrarase na Praza do Seixo o domingo, 6 de outubro, e estará dirixido a recadar fondos para apoiar a actividade da asociación Vontade, que traballa na integración de persoas con discapacidade.

Desta vez, a cita desenvolverase entre as 11:00 e as 18:00 horas, e a cambio dunha doazón de 7 euros os asistentes poderán escoller un corte de pelo, un peiteado, ou u afeitado. Ademais, como novidade, este ano haberá tamén un servizo de tatuaxe. Neste caso o prezo será superior debido aos costes que implica, en torno aos 40 euros. Trátase, polo tanto, de pequenos tatuaxes que poden realizarse nun periodo de tempo rápido. 

Ao longo de toda a xornada haberá tamén inchables para a rapazada e música en directo. Os asistentes poderán gozar do peiteado ao ritmo da música en directo con actuación como o grupo Argonat Band.

Este evento solidario é posible grazas a un equipo de 80 persoas voluntarias que traballan arreo coa coordinación de Espazo Vip e a colaboración do Concello de Tomiño e diferentes empresas privadas.

Salir de la versión móvil