A procura da liberdade nunha "vida de cans" e os monicreques do "Show Moscón" chegan a Tui

Publicidad

Doble oferta esta fin de semana no Teatro Municipal. Para adultos, chegará a representación da última obra de Talía Teatro, “Vida de cans”. A obra, dirixida e escrita por Cándido Pazo, defínese como unha comedia absurda e metafórica na que se reflexiona sobre o concepto da liberdade a través da visión de tres cans. A cita arrancará ás 20:30 horas deste sábado 7 de marzo.

Tres actores Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo dan vida a tres cans que afrontan a vida nun recinto pechado. Moi grande, moi cómodo, moi limpo no que están ben atendidos e tratados...pero recluídos. Fóra do recinto, a liberdade cos seus desacougos e incertezas, pero liberdade. Cada un dos personaxes abordará este conflito segundo a sua personalidade nunha obra que derivará cada vez máis cara a traxedia, pero sen deixar de ser unha comedia.

As entradas está á venda na web de Cultura de Tui antes até o sábado 7 ás 12:00 horas, e o mesmo sábado dende ás 19:00 horas no despacho de billetes. Os prezos son de 6 e 5 euros.

O “Show Moscón” para a cativada

Pola súa parte, este venres, 6 de marzo, ás 19:30 horas o Teatro Municipal acollerá o espectáculo "The Show Moscón" da man de Galitoon. Chisco Casteleiro é o autor e director desta obra que el mesmo leva a escena xunto a Rubén Mira. Trátase dun espectáculo de monicreques e novo circo no que ao longo de 50 minutos achégannos a un circo de ambulante presentado por un moscón gordo e rollizo. A escena ten lugar no interior dun armario que abre as súas portas para amosar Divas da canción, absurdos números musicais, espeluznantes Magos e Mentalistas, incribles bebés equilibristas, …

As entradas están á venda online até este venres ás 12:00 horas, e o mesmo venres dende ás 18:00 horas no despacho de billetes aos prezos 4 e 3 euros.

Salir de la versión móvil