A Sala Artika de Vigo acolle a estrea de “Fillas Bravas e o mito de Casandra”

Publicidad

A viguesa Sala Ártika acollerá este venres, 11 de setembro, a estrea da nova proposta de Grupo Chévere. A obra titulada “Fillas Bravas e o Mito de Casandra” usa as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar unha conversa cantada.

Tres mulleres maiores de aldea, tres pandeireteiras do concello de Trabancas que cantan coplas e contan contos, tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular. Pero tamén agocha unha interesante perspectiva de xénero á procura doutros modelos de empoderamento feminino.

A obra estaba previsto que se estreara no mes de maio, pero a pandemia do coronavirus paralizou todos os plans de ensaios, estreo e xira. “Conseguimos artellar esta nova peza, que expresa con contundencia a preocupación destas tres mulleres de aldea polo cambio climático e as súas consecuencias. O resultado é unha obra titulada "As Fillas Bravas e o mito de Casandra", que estrearemos por fin na Sala Ártika de Vigo”, explican dende a compañía.

A estrea terá lugar en Vigo esta fin de semana. Os pases repetiranse o 11, 12 e 13 de setembro. As entradas poden adquirirse en Eventbrite dende 11 euros.

Máis eventos na axenda cultural
Salir de la versión móvil