A versión galega de “Humor amarillo” volve a Ponteareas co "pau de sebo"

Publicidad

O “pau de sebo” volverá engraxarse este agosto para poñer a proba o equilibrio dos que se atrevan a percorrelo. Tralo éxito do ano pasado, cando o Concello recuperou esta tradición tras trinta anos sen celebrarse, a praia fluvial de San Roque volverá a coller este xogo tradicional o sábado, 17 de agosto.

A filosofía é sinxela. Os participantes deberán subirse a un pau para camiñar por el sobre as augas do río. O único problema é que este longo pau estará untado con sebo e será extremadamente escorregadizo. Equilibrio e habilidade deberán ser as virtudes dos participantes maiores de 16 anos que se atrevan a participar neste “humor amarillo” á galega.

Ademais da actividade estrela, as familias desfrutarán dunha xornada de xogos tradicionais e populares aptos para todos os públicos. Pola súa parte, a música de Avoid Notes, das gaitas da casa cultural de Areas, de Argonat Band e de Almudena Lamora acompañará á xornada festiva. As actividades arrancarán ás 17:00 horas.

O xogo tradicional do pau de sebo volverá ser a estrela das festas e os e as participantes deberán pelexar por acadar o primeiro premio, un xamón, mentres o segundo e o terceiro premiado serán agasallados con diferentes produtos de alimentación, recuperando tamén deste xeito os típicos premios que se entregaban nas festas populares.

Salir de la versión móvil