A vida saudable xa ten a súa propia Feira en Moaña

Publicidad

Unha Feira en Moaña para poñer en valor a saúde e o benestar. A vila morracense amplía a súa programación de ocio con este evento que terá lugar o vindeiro domingo 20 de xuño no arboredo da Xunqueira e que permitirá facer actividades como ioga, kundalini e incluso un flashmob.

A Feira da Vida Saudable chega nun momento fundamental, nunha situación na que a sociedade está a pasar un contexto complicado a diferentes niveis. O escenario provocado pola pandemia supuxo efectos tanto no punto de vista físico como mental. Unha das leccións que deixa a COVID19 é a importancia de que é mellor vivir cara dentro de nós e tomar conta da nosa saúde.

A Feira da Vida Saudable de Moaña pretende dar un primeiro paso cara os bos hábitos. Unha boa alimentación, manter o corpo saudable con exercicio ou durmir ben son algunhas das chaves para ter unha vida máis sa.

A Feira de Vida Saudable comezará ás 11:00 horas e prolongarase ata as 22:00 horas. Once horas nas que as e os asistentes poderán gozar da introdución ao ioga (11:30), dun xantar (13:00), do kundalini ioga (17:30), do kundalini dance (18:30), do Flashmob Bollywood (20:00) e dun concerto meditativo (21:00). A programación do evento tamén inclúe opcións para o público familiar como o obradoiro infantil de cerámica e olería tradicional con “Alén das Olas” (11:15 e 16:45) e ioga para nenos e familias (16:00). Ademais, terán lugar varios sorteos de produtos da feira (13:15 e 19:45).

Salir de la versión móvil