Aberta a solicitude de invitacións para asistir á Gala da Memoria de Pontevedra

Publicidad

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Memoria Histórica, vén de habilitar a inscrición para asistir á "Gala da Memoria", un evento musical e audiovisual que se se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra e que estará aberto ao público contando cun cartel de luxo: Uxía, Sheila Patricia, Pedro Pastor, Wöyza, García MC, Su Garrido Pombo e Eladio Santos. Poranse enriba do escenario unha miscelánea de artistas de moi diferentes xéneros que coas súas voces, en solitario e a través de duetos e colaboracións, homenaxearán ás vítimas da ditadura co gallo do 85 aniversario dos asasinatos de A Caeira.

Todas as persoas que queiran asistir poderán facelo ata completar aforo (772 prazas) totalmente de balde, mais será preciso reservar praza previamente no formulario dispoñible na web da Deputación.

O espectáculo pretende ser unha nova oportunidade para visibilizar que a música é unha ferramenta poderosa e unha boa aliada da memoria histórica para reivindicar, xerar emocións, e conectar co público a través tamén do humor, rebeldía, irreverencia e compromiso. No evento haberá espazo tamén para a creación audiovisual de Juanma Lodo, un dos talentos da vídeocreación galega. María Lado e Lucía Aldao (Aldaolado) serán as conductoras do acto, abordando a memoria na provincia a través de pequenos monólogos.

 

Salir de la versión móvil