O Servizo de Normalización Lingüística de Vigo volver organizar un roteiro literario que percorre a vida de Rosalía de Castro na urbe galega. A cita celebrarase o sábado 19 de febreiro a partir das 11:00 horas.
A actividade, que precisa de inscrición previa (a través do 010 ou 986 81 02 60), estará guiada por Xurxo Martínez e levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista.
Durante o percorrido coñeceremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura e descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de “Cantares gallegos” como a familia Chao ou Juan Compañel.
O itinerario pasará polas prazas do Peñasco e da Constitución, polas rúas Chao, Real e Oliva. Na ruta terán un lugar destacado a imprenta de Compañel, a biblioteca pública, a imprenta do antigo Faro de Vigo ou a sede do goberno provincial.
O paseo literario polo Vigo de Rosalía será unha viaxe pola cidade dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.