↥Publicidad
A Danza de San Sebastián, declarada de Interese Turístico Galego, terá lugar o vindeiro sábado 20 de xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividade do santo. Nela participan 10 galáns, cinco madamas e un guía.
Os varóns van ataviados cun traxe negro, chapeu de feltro e zapatos negros. Pola súa parte, as mulleres van cos seus vestidos brancos, mantón de Manila, mandil negro e panos de distintas cores sobre os ombreiros. O máis vistoso da súa indumentaria son os espectaculres chapeus, adornados con distintos tipos de flores, dos que penduran gran número de cintas de cores.
https://www.youtube.com/watch?v=T8rACt-o2qI