Unha misteriosa arca interactiva protagoniza unha mostra sobre o Alto Minho en Tui

Publicidad

A Sala de Exposicións Municipal, situada no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 1 de decembro a exposición itinerante “Alto Minho, paraisagens, espécies, historias” promovida pola Comunidade Intermunicipal – CIM Alto Minho co obxectivo de revelar a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto Minho.

Esta mostra realiza unha itinerancia polos concellos do Alto Minho e do sur de Galicia. Está integrada por paneis interpretativos, así como elementos multimedia dedicados ás tres temáticas da exposición: paisaxes, especies e historias, xunto cun documental e unha misteriosa arca interactiva con 20 obxectos.

A exposición ofrece ao visitante unha perspectiva ecolóxica e social da zona, mostrando algunhas das especies que habitan esta rexión, explorando unha grande variedade de paisaxes e desvelando como os altominhotos se relacionan con este territorio e a súa biodiversidade. Así, na mostra recóllese a orvalhinha, a lesma do mar, a salamanda lusitánica, as mouras encantadas, a lenda do lagarto de Lamas de Mouro ou as maias.

Para o Concello de Tui a presenza desta exposición divulgativa sobre o territorio transfronteirizo é unha nova oportunidade de ofrecer aos tudenses e visitantes un achegamentos aos valores naturais e culturais deste espazo xeográfico que compartimos galegos e portugueses, en definitiva as poboacións asentadas nas ribeiras do Miño. Nunha nova oportunidade. Tui é unha ponte de comunicación, agora na divulgación de patrimonio e de natureza, entre as terras de Galicia e o norte de Portugal.

Salir de la versión móvil